Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo precisa comezar a remonta no difícil campo do Levante

O Lugo precisa comezar a remonta no difícil campo do Levante

Joan Carrillo: "Quedan catorce partidos e temos referentes de equipos que conseguiron a salvación"

G24.gal 24/02/2023 14:52

O Lugo, en caída libre dende que comezou o ano, buscará poñer freo a esta situación ante o Levante. Non será doado, visitan o terceiro clasificado e levan 4 xornadas sen marcar.

O último tanto dos lugueses foi fronte ao Vilarreal B, o 22 de xaneiro, aínda que tampouco lle serviu para gañar o encontro. En total, o Lugo leva 19 goles a favor e o dobre, 38, na contra.

Joan Carrillo agarda comezar a remontada esta fin de semana: "Quedan catorce partidos e temos referentes de equipos que lograron a salvación partindo da nosa mesma situación", asegurou o adestrador do Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade