Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lume volve ao Courel cinco días despois de extinguirse o que arrasou 11.000 hectáreas

O lume volve ao Courel cinco días despois de extinguirse o que arrasou 11.000 hectáreas

Comezou en San Pedro do Incio e leva queimadas sete hectáreas

Declaran extinguido este martes o incendio da Cañiza

G24.gal 02/08/2022 20:20 Última actualización 03/08/2022 04:15

Pasadas as cinco da tarde deste martes declarouse un incendio forestal no Courel. Comezou na parroquia de San Pedro do Incio e dúas horas despois levaba queimadas unhas sete hectáreas, segundo a Consellería do Medio Rural. 

Está ardendo unha zona limítrofe coa do grande incendio que comezou durante a primeira vaga de calor de xullo e que se dera por extinguido hai só cinco días tras arrasar 11.000 hectáreas de tres concellos da serra. 

A boa noticia chegou desde Castrelo do Miño e A Cañiza, onde quedaron extinguidos os incendios forestais.

A Xunta daba esta noite por estabilizado o que arrasou máis de 400 hectáreas no municipio pontevedrés de Arbo, en Mourentán. Tamén na provincia de Pontevedra segue baixo control o de Ponteareas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade