O Mecalia Guardés faise forte na Sangriña, onde suma a cuarta vitoria

Derrotou por 27-22 ao Rocasa de Gran Canaria, co que empata a dez puntos na clasificación

G24.gal 16/11/2023 07:43

O Mecalia Guardés continúa sacando réditos dos partidos que xoga na casa. En cinco encontros conseguiu catro vitorias en que está a cimentar os dez puntos que ten no campionato. A última apañouna este mércores ante o Rocasa Gran Canaria por 27-22. 

O partido encamiñouse nos primeiros dez minutos (7-2), e a vantaxe non fixo máis que medrar na primeira metade ata chegar a unha máxima diferenza de oito goles (14-6). Pero o Rocasa é sempre un equipo competitivo e comezou a crer na remonta cando se puxo a só dous goles mediado o segundo tempo (17-15). 

Nese momento de dificultade, o equipo do Baixo Miño conseguiu un 5-0 de parcial (24-19) que devolveu o partido ao rego. Bos rexistros anotadores de Pauli Fernández (sete goles) e María Palomo (cinco).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar