O Mecalia Guardés mantén o seu impoluto inicio de campionato
O Mecalia Guardés mantén o seu impoluto inicio de campionato
Sumou a quinta vitoria noutros tantos partidos logo de superar o Granollers por 28-22
O Mecalia Guardés mantén o pleno de vitorias nas cinco primeiras xornadas da Liga Guerreras Iberdrola. O conxunto dirixido por Ana Seabra é o líder do campionato á espera de recibir na Sangriña ao Bera Bera ou Elxe, os vindeiros rivais que pasarán pola Guarda.
No partido contra o Granollers só tiveron un momento de problemas, cando o equipo catalán se puxo 5-7 mediado o primeiro tempo. Antes do descanso a situación xa estaba reconducida (13-10). Na segunda metade a diferenza mantívose arredor dos tres goles ata que as guardesas deron o chimpo definitivo a dez minutos do final (23-18). Ao final a vantaxe quedou en seis goles nun partido no que destacaron Ceci Cacheda (7 goles) e Itziar Martínez (6 goles).