Marc Marginedas (xornalista español): "Os civís falan de guerra do pobo"
Marc Marginedas (xornalista español): "Os civís falan de guerra do pobo"
O correspondente de 'El Periódico' chega a 60 quilómetros da central bombardeada
O medo a un accidente nuclear baleira Zaporiyia
Outro xornalista español foi detido por espionaxe en Polonia
Marc Marginedas chegou a 60 quilómetros da central atacada en Zaporiyia, o máis preto que se pode ir antes de atopar tanques rusos.
O enviado especial de 'El Periódico' a Ucraína relata que "houbo algúns disparos procedentes do exército ucraíno e puidemos ver como se internaban algúns coches coa palabra 'nenos'". Estes turismos tiñan a misión de recoller os cativos e cativas da poboación seguinte.
"Dado o perigo dun incidente non controlado nesa central, a poboación fuxiu"
A cidade de Zaporiyia ten 800.000 habitantes. Pero logo do comezo do ataque, era difícil atopar algún. "Pasamos polo centro de Zaporiyia. Todas as tendas estaban pechadas. Non había ninguén pola rúa. Dado o perigo dun incidente non controlado nesa central, a poboación fuxiu", conta Marginedas.
O xornalista testemuña a resistencia dos ucraínos ante os invasores: "A moral dos civís é moi elevada. Eles falan de 'guerra do pobo', utilizouse moito durante a Segunda Guerra Mundial para rexeitar as tropas da Alemaña nazi".
Un xornalista español, preso en Polonia
Pablo González cubría o éxodo dos refuxiados a Polonia. Pero as autoridades daquel país cren que era unha tapadeira. Desde o domingo, o xornalista está preso baixo a acusación de espiar para Rusia.
As autoridades polacas decretaron contra el 3 meses de prisión provisional, á espera dun xuízo en que poden caerlle 10 anos de cadea.