O mercado da praza de Lugo da Coruña celebra 111 anos
O mercado da praza de Lugo da Coruña celebra 111 anos
É un dos mercados en activo máis antigos de Galicia
Nada queda do primeiro edificio que acolleu o mercado municipal aló por 1910, pero hoxe na praza de Lugo da Coruña celebran o seu 111 aniversario, converténdose nun dos mercados en activo máis antigos de Galicia. E que mellor día para facelo que este 11 do mes 11.
O mercado da praza de Lugo celebra, nada máis e nada menos, que os seus 111 anos. E faino viaxando ao pasado para revivir a esencia daquela primeira praza de abastos do 1910.
Hoxe, dous actores, ataviados con vestimentas de comezos do século XX, e unha banda de música son os encargados de darlle alegría a esta festa de aniversario.
Emilia e Ramón foron quen de levar os vendedores e clientes deste mercado da praza de Lugo ás súas orixes, ao 1910. Foi cando se construíu aquí a primeira praza de abastos grazas a un legado testamentario do gran benfeitor da cidade: Eusebio da Garda. O pavillón central, de ferro e cristal, levantouse anos despois da súa morte e custou 200.000 pesetas da época.