Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro de Transportes recoñece "o mal estado do firme" da A6 pero alega que o Goberno "está traballando niso"

O ministro de Transportes recoñece "o mal estado do firme" da A6 pero alega que o Goberno "está traballando niso"

Foi a resposta de Óscar Puente a unha pregunta do popular Jaime de Olano na que denunciaba o "agravio" a Galicia "tamén nas estradas"

G24.gal 07/02/2024 16:13

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, admitiu ser "consciente" do "mal estado" do firme no que se atopa actualmente a A-6, aínda que defendeu que o Goberno "está a traballar niso".

Así deu resposta o ministro Puente a unha pregunta do deputado galego do PP Jaime de Olano durante a sesión de control ao Goberno no Congreso, despois de que este parlamentario cuestionase as previsións do ministro para arranxar o "lamentable estado" de conservación das autovías estatais e estradas nacionais en Galicia.

Aquí foi onde Puente recoñeceu o mal estado do firme, aínda que defendeu que actualmente hai 80 quilómetros da A-6 na provincia de Lugo que están en obras, adiantando que en dúas semanas adxudicarase o resto do tramo da A-6 na provincia da Coruña para terminar de renovar o firme.

Olano, pola súa banda, queixouse dos "malos tratos" a Galicia "tamén en materia de estradas" que atribuíu ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez. A modo de argumento, sinalou que "o investimento en conservación de estradas en Cataluña triplicouse", mentres que en Galicia "apenas creceu desde o ano 2018".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade