Cargando resultados...
O ministro do Interior nega a cesión das competencias de Inmigración a Cataluña
O ministro do Interior nega a cesión das competencias de Inmigración a Cataluña
A Policía Nacional pídelle a Grande-Marlaska apoio legal explícito nunha comparecencia pública
G24.gal
15/01/2024 19:44
Última actualización 15/01/2024 20:00
O ministro do Interior nega que o Goberno vaia entregar as competencias de Inmigración a Cataluña, tal e como dixo Junts a semana pasada.
Descartouno diante dos vogais do Consello da Policía Nacional, cos que se reuniu este luns. Fernando Grande-Marlaska comprometeuse a que non haxa ningún axente investigado polo procés.
Desde a policía pídenlle unha comparecencia pública para certificar que a Policía Nacional foi a Cataluña por mandato de Interior e exoneralos de calquera responsabilidade.