Cargando resultados...
O Movistar confirma a súa presenza na Volta a Galicia 'O Gran Camiño'
Esta mañá asinouse o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a empresa organizadora
G24.gal
16/11/2021 16:30
Xa está en marcha O Gran Camiño, a proba por etapas de ciclismo profesional que regresa á nosa comunidade a finais de febreiro.
Esta mañá o Monte do Gozo serviu de escenario para a sinatura do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a empresa organizadora que encabeza o exciclista Ezequiel Mosquera. Alfonso Rueda e Ezequiel Mosquera deron o pistoletazo de saída a unha carreira con catro etapas na que mesturan as súas vontades de mostrar Galicia ao mundo a través do ciclismo a Xunta e as catro deputacións provinciais.
En cada provincia, unha etapa. Con equipos UCI Pro Tour como o Movistar, xa confirmados.