O naufraxio do Villa de Pitanxo, un dos máis graves das últimas décadas
O naufraxio do Villa de Pitanxo, un dos máis graves das últimas décadas
En 1984, no naufraxio do pesqueiro onubense Islamar III, 22 mariñeiros déronse por desaparecidos e outros catro foron rescatados mortos
Nas últimas tres décadas morreron máis de 80 mariñeros en naufraxios de barcos galegos.
Como o Bahía, con base en Cambados, afundido fronte a Malpica en 2004, con dez falecidos. Ou o Siempre Casina, de Burela, un ano despois, con 8 falecidos.
Pero para lembar unha traxedia como a actual hai que retroceder máis de 40 anos. En 1978, un buque conxelador, o Marbel, afundíase fronte ás Cíes deixando 27 falecidos.
Tamén golpearon en Galicia os naufraxios do Panchito, Os Tonechos, o Santa Ana.. Demasiados nomes que quedarán sempre na memoria colectiva.
O 19 de xullo de 1984 desapareceu o conxelador galego Montrove, con 17 tripulantes a bordo, tras abandonar o porto das Palmas, con destino ao banco de pesca sahariano. Case un mes despois, o 10 de agosto, 22 mariñeiros déronse por desaparecidos e outros catro foron rescatados mortos ao naufragar o pesqueiro onubense Islamar III, a unhas 15 millas da costa marroquí.
O 30 de setembro de 1991, 16 mariñeiros desapareceron,14 deles españois, ao naufragar o palangreiro hispano-alemán Frank C, a 250 millas ao oeste de Escocia. Só houbo un sobrevivente.
O 3 de outubro de 2000 morreron sete mariñeiros e outros cinco desapareceron en augas irlandesas do Gran Sol no naufraxio do pesqueiro Arousa, con base en Marín (Pontevedra) pero de bandeira británica.
Cinco días máis tarde, o afundimento do pesqueiro Amur en augas do Índico causou a morte de oito persoas e outras seis déronse por desaparecidas. O barco tiña bandeira de Santo Tomé, pero era propiedade dunha empresa das Palmas.
O 5 de setembro de 2007, houbo cinco mortos e tres desaparecidos no naufraxio do pesqueiro Nueva Pepita Aurora a unhas 14 millas da costa de Barbate (Cádiz), cando regresaba de pescar en Larache (Marrocos) con 16 tripulantes a bordo.
O 10 de marzo de 2014 tivo lugar a última gran traxedia ata hoxe. O pesqueiro galego de bandeira portuguesa Santa Ana zozobrou fronte ao Cabo Peñas, en Asturias, e morreron oito dos seus ocupantes.