Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Noia continúa sen gañar no Agustín Mourís (2-5)

O Noia continúa sen gañar no Agustín Mourís (2-5)

O arzúan Diego Quintela marcou dous goles para o equipo visitante, que dirixe Santi Valladares

G24.gal 18/10/2023 21:35 Última actualización 18/10/2023 21:54

O Noia Portus Apostoli non puido darlle continuidade ao triunfo recollido en Valdepeñas e perdeu na casa contra o Peñíscola (2-5), equipo dirixido polo adestrador de Padrón Santi Valladares. 

O partido comezou ben para o cadro noiés, que se adiantou cun gol de David Pazos. Reaccionou decontado o equipo visitante, que empatou dous minutos máis tarde cun gol de José Mario. 

O partido ía parello ata o minuto 27 cando o arzuán Diego Quintela marcou o segundo do Peñíscola e un minuto máis tarde era Luciano Gauna o que marcaba o terceiro. Tiña que ir por todas o Noia, e os ocos que deixou en defensa aproveitounos Paniagua para anotar o cuarto. 

Pirata recortou diferenzas no 36, con tempo aínda para pensar na fazaña, pero a continuación Diego Quintela marcou o segundo da súa conta e pechou o encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade