O Noia pasou de cincenta da liga a xogar o 'play off' polo título
O Noia pasou de cincenta da liga a xogar o 'play off' polo título
Xogará nos cuartos de final ante o Palma, líder da liga regular, defensor do título e campión de Europa
Primeira temporada na máxima categoría e primeira participación nas eliminatorias polo título. O Noia ten a oportunidade de pelexar pola liga masculina de fútbol sala despois de realizar unha temporada excepcional.
Como cincenta do grupo, oitavo da liga regular, ó Noia tócalle en cuartos de final o Palma. Defensor do título, líder e campión de Europa. Non perdeu na casa en toda a temporada. Aquí o Noia logrou empatarlles.
O sábado xógase a volta na pista noiesa. As semifinais parecen inalcanzables, pero os galegos xa gañaron un día histórico para a vila e o seu equipo fundado en 2008. En calquera caso será unha temporada para festexar en Noia.