O Noia perde as opcións de xogar a Copa de España
O Noia perde as opcións de xogar a Copa de España
Foi derrotado polo Santa Coloma (1-4) na última xornada da primeira volta, na que tiña posibilidades de rematar entre os oito mellores
O Noia Portus Apostoli, con sete baixas no seu equipo, non puido conseguir a vitoria diante do Santa Coloma na última xornada da primeira volta (1-4). Ademais quedou sen opcións de xogar a Copa de España por primeira vez na historia porque só un triunfo lle tería dado esa posibilidade.
As ausencias resultaron demasiado importantes para o equipo do Noia que o tentou de todos os xeitos. Cunha rotación minguada, aguantou ata o treito final do primeiro tempo, pero en menos de trinta segundos recibiu dous goles, os marcados por Víctor Ramos e Cardona.
Marcelo marcou no minuto 26 e a ilusión volvía aparecer na pista do Noia, un soño que rematou co tanto de Povitt no 34. No último minuto Corso marcaba desde campo propio o definitivo 1-4. O Santa Coloma logrou, con este triunfo, superar o Noia na clasificación xeral da Liga Nacional de Fútbol Sala.