O Noia Portus Apostoli vence en Valdepeñas (3-4) e aséntase na zona alta
O Noia Portus Apostoli vence en Valdepeñas (3-4) e aséntase na zona alta
Edu Jabá con dous goles, Power e Machado asinaron o triunfo
O Noia Portus Apostoli segue a facer historia. Na súa estrea na máxima categoría do fútbol sala están asentados na zona alta, e acadando grandes resultados. Na visita a Valdepeñas, impuxéronse por 3 a 4, nun partido no que sempre levaron a iniciativa no marcador. Con este resultado, e cun partido menos que algúns dos equipos da Liga, están na terceira prazaa da táboa.
No pavillón Virgen de la Cabeza foi Power o que lle deu a primeira vantaxe ao Noia cando so ían disputados 5 minutos de partido. Pero Matheus Preá devolvía a igualada ao marcador tres minutos despois. Sen tempo para que os locais o celebrasen, Machado volvía adiantar aos de Marlon. E xusto antes do descanso, Edu Jabá establecía o un a tres de dobre penalti.
Na segunda metade, Solano achegou aos locais. Quedaban dezaseis minutos de partido, pero o Noia Portus Apostoli non se viu ameazado. Volveu ampliar a renda por medio de Edu Jabá. O tres a catro de Solano, xa no último minuto, so serviu para darlle emoción a un partido que confirma ao Noia como a gran revelación da Liga.