Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo bono comercio de 30 euros pode utilizarse desde este luns

O novo bono comercio de 30 euros pode utilizarse desde este luns

Cada persoa poderá descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros en formato dixital QR

Os comercios que se queiran adherir a esta iniciativa poderán facelo ata o 15 de decembro.

G24.gal 08/10/2023 21:48

Desde este luns poderá empezar a descargarse e utilizarse o novo Bono Activa Comercio de 30 euros, a que a Consellería de Economía destina 2,5 millóns de euros para incentivar a demanda e atraer nova clientela aos establecementos de proximidade.

A iniciativa prevé mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas e ten tamén por obxectivo contribuír a reducir o impacto da inflación nas familias, segundo explica a Xunta nunha nota de prensa. 

Cada persoa poderá descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros, en formato dixital QR, para as compras que realicen nos comercios adheridos, que suman xa máis de 4.500. Só se permitirá descargar un único bono por persoa e o desconto será de 5 euros para as compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros.

A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros e, a partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga e uso por parte dos consumidores ata o 31 de decembro, aínda que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros xa non se poderán utilizar.

Os comercios que se queiran adherir a esta iniciativa poderán facelo ata o 15 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade