Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro aférrase ao Sar para conseguir a permanencia

O Obradoiro aférrase ao Sar para conseguir a permanencia

Baskonia chegaba nun gran momento pero perdeu diante dun Obradoiro que xogou un dos mellores partidos da temporada (81–76)

Beliauskas (22 puntos) e Ellenson (19), os máis atinados en ataque

G24.gal 13/03/2022 21:48

O Obradoiro conseguiu unha vitoria de prestixio diante do Baskonia que lle dá un pequeno respiro na pelexa por manter a categoría (81–76). Nun dos mellores encontros da temporada e apoiados no "efecto Sar", cun público que apertou moito, derrotaron un rival que viña nun gran momento. 

O primeiro tempo foi o da defensa. Moita igualdade, cos galegos engruñando os cadrís atrás  e impedindo que Baskonia anotase con facilidade. O Obra chegou a ter unha máxima vantaxe de oito puntos (29–21), pero a reacción vasca fixo que o partido chegase igualado ao descanso (33–30).

No terceiro cuarto volveron os oito puntos de diferenza (45–37). Pero Baskonia nunca se pode dar por morto e cun parcial final de 3–12 deixou todo no aire para o último cuarto (55–54). 

O partido estaba empatado a 63 cando Beliauskas, extraordinario durante os corenta minutos, anotou dúas triplas consecutivas e puxo o 71–63. Unha canastra de Ellenson e outra tripla de Beliauskas deixaban un 76–68 tranquilizador a dous minutos do final. Baskonia tentouno ata o último intre pero era o día do Obradoiro, que levou a oitava vitoria da temporada, a sétima como local. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos