O Obradoiro comeza entoando un Miudiño vitorioso
Gañou ao Zaragoza nun partido moi traballado por un axustado 76-73
O Obradoiro sumou o primeiro triunfo na temporada ante o Zaragoza nun partido en que sempre foi por diante pero que acabou cun axustado 76-73.
📊 ¡Estadísticas FINALES del Monbus @OBRADOIROCAB 🆚 @CasademontZGZ!
— SuperManager ACB (@SuperManagerACB) September 29, 2022
1⃣7⃣ Howard Sant-Ross
1⃣5⃣ Dragan Bender
1⃣3⃣ Thomas Scrubb
1⃣0⃣ Marcus Paige
1⃣0⃣ Christian Mekowulu
1⃣0⃣ David Walker#SuperManagerACB#LigaEndesa pic.twitter.com/nSZxmX7weI
Era o momento de ver as novas fichaxes, e algunha delas tivo un papel destacado. O primeiro en intervir de xeito decisivo foi o croata Bender. Dez puntos seus no primeiro cuarto permitiulle ao Obra colleitar un +10 (21-11).
A diferenza foise ata os trece tantos logo dunha tripla de Vicedo (30-17), pero aí comezou a reacción do Zaragoza. Entráronlle os tiros e conseguiu poñerse a un punto a medio minuto do descanso (38-37).
No segundo tempo volveu o mellor Obradoiro con Blazevic e Bender coincidindo na pista. Os santiagueses conseguiron unha máxima vantaxe de quince puntos (54-39) pero o terceiro cuarto rematou con moito que pelexar (60-53).
A emoción do último período foi máxima. Ningún dos dous equipos estivo demasiado atinado. Walker e Paige acertaron con cadansúa tripla en momentos decisivos para manter o Obradoiro cun colchón de 5-6 puntos e poder levar a vitoria.