Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vladimir Brodziansky: “Pedíronme axuda para volver á ACB e creo que é moi posible”

Vladimir Brodziansky: “Pedíronme axuda para volver á ACB e creo que é moi posible”

Héctor Galán, director xeral do Obradoiro, tamén recoñeceu que buscan un base

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 29/01/2025 12:15 Última actualización 29/01/2025 12:20

O novo xogador do Monbus Obradoiro, que xa comezou a adestrar ás ordes de Félix Alonso, foi presentado este mércores no Multiusos Fontes do Sar xunto a Héctor Galán, director xeral do club, quen afirmou:

“Foi unha operación moi rápida porque tiña moitas outras opcións en categorías de gran nivel”.

Galán engadiu que o esforzo realizado polo club para incorporar a Vladi ten como único obxectivo “facer que o equipo sexa cada vez máis competitivo e sólido para afrontar da mellor maneira posible esta segunda parte da tempada e un posible playoff”.

O xogador eslovaco comentou que decidiu unirse ao Monbus Obradoiro: “Comecei a miña carreira profesional aquí e síntome agradecido ao club. Pedíronme axuda para volver á ACB e creo que é moi posible. Veño para axudar o equipo en todo o que poida e para facer o que me pida o adestrador”.

Ademais, destacou que esta categoría lle resulta atractiva pola gran calidade e competitividade entre os clubs.

“Creo que este ano a Primeira FEB demostrou un gran nivel. Estudiantes, Burgos, Fuenlabrada… hai moitos equipos preto da ACB. Creo que a competición está medrando e que é un bo desafío”.

Héctor Galán tamén recoñeceu que buscan un base.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar