Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro compite ata o final, pero acaba perdendo na pista do Valencia

O Obradoiro compite ata o final, pero acaba perdendo na pista do Valencia

Os de Moncho mantiveron a igualdade ata ben entrado o terceiro cuarto

Nos dous últimos minutos non tiveron acerto en ataque e acabaron cedendo o triunfo

Foto: EFE
G24.gal 29/04/2023 23:33

O Obradoiro non puido traer a vitoria da pista do Valencia, que reforza a súa oitava posición con 16 triunfos. O Valencia entrou algo mellor ao partido, e conseguiu vantaxes de ata seis puntos durante o primeiro cuarto, pero o Obradoiro reaccionou e, durante o segundo parcial, a igualdade foi total.

Foi no terceiro cuarto cando os locais foron quen de volverse distanciar no marcador, pero sen rebasar a fronteira dos dez puntos de diferenza. Esta chegou xa no último cuarto, logo dun 0-5 de parcial do Obradoiro que os de Mumbrú responderon cun 7-0 que os deixaba 77-67.

Pero aínda non estaba todo dito, e dúas triplas consecutivas de Robertson e Suárez permitíronlles aos de Moncho Fernández disputar a vitoria ata o final.

Foi nos momentos decisivos, dentro dos dous últimos minutos, cando a falta de acerto en ataque acabou desnivelando a balanza a prol dun Valencia que despexa o seu camiño cara ao play off co 87-78 final. Kassius Robertson, con 20 puntos, foi o máximo anotador do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar