O Obradoiro consegue unha vitoria vital para loitar pola permanencia
O Obradoiro consegue unha vitoria vital para loitar pola permanencia
O Fontes do Sar foi o xogador número 13
Dotson e Howard con 22, e Timma con 18 foron os artífices desta gran vitoria
O Obradoiro atopábase fronte a un dos partidos máis importantes da súa historia recente. Ca salvación a unha vitoria, o equipo de Santiago tiña que gañar si ou si, e o Fontes do Sar anotou a primeira canastra do encontro coma sempre que o equipo necesita da súa afección.
Comezou o partido con certas imprecisións e ca ofensiva superando ás defensas, destacando Howard e Dotson por parte do Obradoiro, e o ex do Betanzos Tyson Pérez por parte do Morabanc Andorra. O segundo cuarto seguiu o mesmo guión, o Obradoiro anotou 26 puntos ao igual que no primiro cuarto, e acadou unha vantaxe de 11 puntos ao descanso, con festival anotador de Dotson, 15 puntos.
Á volta do paso por vestiarios foi a soñada por todo obradoirista, o Obradoiro anotando cun acerto moi alto, e o Andorra sen atopar a forma de frear esa ferida, acadaban así unha máxima de 21 puntos. Pero gañar un partido non é tan doado, e o Andorra non ía vender tan barata a súa pel, a vantaxe viuse reducida dos 21 aos 13 cos que se cerraron o terceiro cuarto.
O derradeiro cuarto non comezaba da mellor maneira, o Andorra anotaba canastras fáciles da man de Jean Montero, e o Obradoiro cometía erros infantís que lle daban ás ao equipo andorrano. Apareceu a veteranía de Timma e cunha tripla colocou unha vantaxe de 14 puntos que terminou por rematar o partido. Malia o 101-89 final, o Obradoiro seguirá en postos de descenso pase o que pase na xornada.