O Obradoiro deixa fuxir unha vantaxe de 21 puntos en Andorra e acaba perdendo
O Obradoiro deixa fuxir unha vantaxe de 21 puntos en Andorra e acaba perdendo
Quen llo ía dicir a Obradoiro cando saíu firme, con Pustovoi e Tinkle entoados, e pechou o primeiro cuarto con dez arriba.
Quen llo ía dicir tras un gran terceiro en que brillaron Tinkle e Scrubb, os galegos xogaban fácil e a distancia estaba en 17.
Ou xa no último, cando manexaban 21 de diferenza a 6:40 por xogar. Quen lles ía dicir que ían tirar o partido. Pois así foi. Neses 6´40", Andorra anotou 33 puntos para asinar a remonta. Con Gudelock en plan estelar e co Obradoiro perdido, como se xa todos deran por gañado o partido e marcharan para o aeroporto. Unha desfeita. En todos os apartados.
Andorra colocouse por diante á falta dun minuto, con LLovet. E o Obradoiro tivo unha última posesión desesperada, para forzar a prórroga, que acabou con balón bailando sobre aro e con festa na bancada... 92-89 final.
Partido histórico en Andorra. Pola xesta, por ese parcial 40-20 que asinaron no último cuarto.