Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña non pode co líder no Coliseum (83-90)

O Leyma Coruña non pode co líder no Coliseum (83-90)

Os de Diego Epifanio apañan a terceira derrota consecutiva diante do Unicaja

Foto: EFE
G24.gal 19/10/2024 21:06

O Leyma Coruña caeu derrotado na casa. Esta vez o apoio do Coliseum non foi suficiente para superar o líder, o Unicaja. Os andaluces remataron o primeiro tempo 10 puntos arriba e a reacción dos galegos chegou demasiado tarde, no derradeiro cuarto.

Diagne, con 13 puntos e accións espectaculares, e Barrueta, con outros 13 foron os máximos anotadores do Leyma. Perry, con 18 e 24 de valoración, foi o máis destacado do partido.

O Leyma queda, deste xeito, cun so triunfo e tres derrotas nesta histórica temporada de estrea na Liga ACB.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade