O Obradoiro evita o ridículo en Manresa no último cuarto (80-65)
O Obradoiro evita o ridículo en Manresa no último cuarto (80-65)
Acreditaron un pésimo 1/24 nas triplas nos tres primeiros cuartos
Chegaron a estar 34 abaixo (70-36) pero reaccionaron nos últimos oito minutos
O Obradoiro rozou o ridículo durante 32 minutos do partido de Manresa. Nese intre o marcador reflictía un 70-36 e o acerto no tiro de tres era de 1/24. Só a carraxe dos santiagueses lles permitiu recurtar distancias e evitar un resultado de escándalo. Ao final a derrota foi por 80-65.
No primeiro cuarto xa se viron as feituras do partido. Con Waczynski e Harding anotando de todos os xeitos os locais pronto se foron no marcador (15-7) e remataron o cuarto doce arriba (21-9). A cousa empeorou no segundo cun parcial de 10-0 de saída (31-9) e cos de Moncho Fernández absolutamente desacertados. Ao descanso eran 24 puntos abaixo (44-20) e chegara Manresa a ter unha máxima de 25.
Durante moitos minutos do terceiro os manresáns, que xogaban a vida deportiva, dobraron a Obradoiro. Quedaban oito minutos para o final e a diferenza era de 34 puntos a prol do Baxi Manresa. Thomas Scrubb, Will Magnay e Robertson tiraron de orgullo e maquillaron o resultado.