Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro fai o máis difícil... pero acaba perdendo 93-92

O Obradoiro fai o máis difícil... pero acaba perdendo 93-92

Robertson errou a canastra para gañar a tres segundos do final

G24.gal 09/04/2022 20:00

O nivel defensivo do Obradoiro non estivo acorde á transcendencia do partido. Na primeira parte foise ata os 50 puntos encaixados. Primeiro Emegano, despois Milosavljevic e máis tarde Ristic combináronse para facer sangue no aro santiagués. Só Thomas Scrubb, 11 puntos ao intermedio e Roberson, 3 de 3 nas triplas, eran argumentos para albiscar unha remontada.

E cando máis difícil estaba a cousa, 18 puntos abaixo, ven a agardada reacción. En ataque atopou en varias ocasións a Birutis e despois chegou o acerto desde o perímetro. Suárez, Hobbs Beliauskas e Phillip Scrubb déronlle a volta ao partido. Un parcial de 2-20 facilitou que o Obradoiro afrontase o último cuarto dous puntos arriba.

E logo de facer o máis difícil... rematou caendo. Paso atrás do Obradoiro na loita pola permanencia. O Fuenlabrada dominou 28-25 o último cuarto e acabou levando un partido que puido caer do lado santiagués, nunha canastra errada por Robertson a tres segundos do final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos