Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro gaña tiro exterior con Millán Jiménez

O Obradoiro gaña tiro exterior con Millán Jiménez

O escolta rioxano chega a Santiago procedente do San Pablo Burgos

Convértese na sexta incorporación para esta tempada

G24.gal 18/07/2024 12:30

Millán Jiménez é novo xogador do Obradoiro. O escolta natural de Calahorra vén a reforzar o cadro santiagués na súa misión de volver á Liga ACB. 

Jiménez procede do San Pablo Burgos, onde acaba de realizar unha gran campaña. Proba diso son os sete puntos por partido que mediou, ademais dunha boa porcentaxe desde a liña de tres. O tiro non é a única das súas virtudes. A súa altura (1'99 m) tamén o fai un gran defensor, e pode axudar ao Obradoiro nesa parcela.

O xogador foi internacional coas categorías inferiores da selección española, proclamándose campión de Europa Sub-20 con ela. Chega a Santiago en calidade de cedido, tras lograr un acordo co Valencia Basket.

Con esta, xa van seis incorporacións nesta tempada para o Obradoiro. A Caldeira quere volver á elite do baloncesto español e estase a preparar para facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade