O Obradoiro non pode co Gran Canaria (87-80) e queda con tres vitorias

Foto: EFE
G24.gal 28/10/2023 22:36

O Obradoiro non puido tirar proveito da irregularidade ligueira do Gran Canaria, que quedou de manifesto no partido. Un encontro que tivo un parcial para cada conxunto. O primeiro e o terceiro foron claramente dominados polos canarios, que puxeron os alicerces da vitoria.

O equipo santiagués refíxose logo do 30-20 do primeiro período e, cun triunfo por 16-25, marcharon ao descanso so un punto por debaixo.

Pero chegou entón o terceiro cuarto, o peor do partido, e o Gran Canaria fuxiu no marcador por 16 puntos, o que deixaba a remontada moi complicada. Malia a todo, o Obradoiro impúxose no último parcial por un insuficiente 9 a 18. Os de Moncho Fernández foron comandados na anotación por Pustovyi e Badzim, con cadanseus 18 puntos. 

O Obradoiro volve das Canarias coas mesmas 3 vitorias, que lle dan tranquilidade de cara ás seguintes xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos