O Obradoiro visita Andorra á busca da primeira vitoria lonxe do Sar
O Obradoiro visita Andorra á busca da primeira vitoria lonxe do Sar
Os santiagueses aférranse ao bo momento de Pustovyi, chave da última vitoria
No arranque da temporada, víase na cara de Moncho, nos berros... nas leas. En como o perseguía pola cancha. Volta tras volta... E palpábase no sentir do obradoirismo preocupación. Preocupación polo estado de forma de Pustovyi, xogador clave. Mais as dúas últimas xornadas tornou a situación. 16 puntos de media e máis de 20 de valoración. Pustovyi comeza a funcionar ao igual que Zurbriggen.
Con eles mellora o Obradoiro. Esta tarde xogan en Andorra, co obxectivo de pechar o primeiro triunfo fóra da casa. Fronte a un recentemente ascendido, que vén de noquear a Palencia e discutirlle a vitoria ao Barça.
Andorra-Obradoiro, a partir das seis. Partido para confirmar a melloría e agarrar confianza no proxecto.