Publicador de contidos
Publicador de contidos

O opositor venezolano Rolando Figueroa pide asilo político:"Alí poderían torturarme ou asasinarme"

O opositor venezolano Rolando Figueroa pide asilo político:"Alí poderían torturarme ou asasinarme"

Podería ser extraditado despois de que as autoridades españolas lle denegaran o asilo

Pide a intermediación da Valedora do Pobo para paralizar a extradición e lograr a nacionalidade española

Venezuela o reclama por un presunto delito de estafa que el nega

 

 

G24.gal 25/04/2022 14:27

"Poderían torturarme ou asasinarme se regreso ao meus país e non volverei ver a miña muller e fillos, nós levamos cinco anos vivindo na Coruña" explica Rolando Figueroa que regresar a Venezuela sería unha sentenza de morte.

Unha orde de extradición podería entregalo despois de que as autoridades españolas lles denegaran asilo político. En Caracas acúsano dun presunto delito de estafa que el nega e que xa lle custou dous meses de prisión preventiva en Teixeiro.

"Falan dun contraro oral de 20212 , dunha empresa da que nin sequera formo parte. Están instrumentalizando unha causa penal para perseguirme politicamente", aclara Rolando.

Esta mañá solicitou a intermediación da Valedora da Pobo para paralizar a extradición e axilizar a petición de nacionalidade española, posto que leva 15 anos casado cunha galega.

"Imos presentar estas dúas solicitudes que nos fai, imos admitilas e presentalas ao Defensor" anuncia a Valedora, Dolores Fernández Galiño.

O Ministerio do Interior denégalle o asilo político argumentando que non hai datos que demostren un activismo relevante. Rolando insiste en que forma parte do partido disidente VP e que esta mesma semana se reuniu co seu líder Leopoldo López.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade