Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ordenador cuántico máis potente do sur de Europa está en Santiago

O ordenador cuántico máis potente do sur de Europa está en Santiago

As capacidades do computador supoñen un salto exponencial respecto dos ordenadores convencionais

G24.gal 14/10/2023 13:09 Última actualización 14/10/2023 13:28

O Qmio é o computador cuántico máis potente instalado nunha institución pública do sur de Europa. As súas capacidades supoñen un salto exponencial respecto dos ordenadores convencionais.

"As aplicacións potencialmente son moitas. Como dixen, estamos nun estado primitivo. Pódoche mencionar algunhas máis realistas a curto e medio prazo, como a optimización de procesos de produción na industria do automóbil, da loxística. A simulación de procesos químicos e físicos que poden levar a descubrir novos materiais e novos medicamentos", asegura Lois Orosa, director do Centro de Supercomputación de Galicia.

O Qmio prendeuse a principios deste mes de outubro no Centro de Supercomputación de Galicia, en Santiago.

"Unha característica que me encanta do Cesga é que somos un punto neutro no ecosistema galego. Non pertencemos nin á Universidade da Coruña, nin á de Vigo nin á de Santiago pero colaboramos con todas. Temos moitos proxectos en común, hai moitos contactos e conseguimos toda a comunidade cuántica facer forza para traer esta infraestrutura de investigación tan relevante".

Cun investimento de 14 millóns de euros de fondos europeos, permitirá procesar unha gran cantidade de datos a investigadores públicos e privados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade