O Ourense ascende á segunda praza coa vitoria sobre a Ximnástica (2-1)
O Ourense ascende á segunda praza coa vitoria sobre a Ximnástica (2-1)
Dani Portela abriu a conta cun disparo que petou nun defensor
Amín anotou o segundo pouco despois de entrar no campo
Os de Rubén Domínguez souberon sufrir ao final
O Ourense Club de Fútbol segue con paso firme nesta temporada da Segunda Federación. Colocouse de segundo de xeito provisional tras a vitoria en Oira sobre a Ximnástica de Torrelavega. Abriu o marcador Dani Portela cun duro remate que topou en Miguel Gándara. E, na segunda metade, volvía Amín ao campo despois da lesión e, na primeira acción, rematou un córner á rede.
No treito final acurtou diferenzas Tobar nunha contra en que aproveitou o exceso de confianza de Jerín. A Ximnástica buscou o empate ata o final no tempo engadido, mesmo cun remate do porteiro Sotres á saída do último córner do partido. Pero o Ourense Club de Fútbol aguantou e levou a vitoria, que o deixa con 18 puntos.