Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. gaña o derbi fronte ao Compostela (2-0)

O Ourense C. F. gaña o derbi fronte ao Compostela (2-0)

Os ourensáns manteñen o pulso co Pontevedra polo liderado da liga

O Compostela apenas xerou ocasións e perdeu a oportunidade de meterse na zona de playoff

G24.gal 10/02/2024 19:13

O Ourense C. F. levouse o derbi galego diante do Compostela na 2ª RFEF. Os locais cumpriron co papel de favoritos e amosáronse superiores aos santiagueses.

Andrada, no minuto 12, e Alberto Gil, no minuto 69, foron os autores dos dous tantos ourensáns. A partir do 2-0 o Compostela deixou moitos espazos atrás que estivo cerca de aproveitar o Ourense C. F. para aumentar a diferenza.

Co resultado, coliderado para os de Ourense xunto co Pontevedra, e sexta posición para un Compostela que queda a dous puntos do playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos