Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. vence en Segovia (0-2) e foxe do descenso

O Ourense C. F. vence en Segovia (0-2) e foxe do descenso

Decidiron os goles de Carbonell e Ángel Santos en senllos man a man

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 02/03/2025 17:28

O Ourense C. F. respira despois dunha vital vitoria na Albuera, diante dunha Ximnástica Segoviana que marcha de penúltima e que se viu incapaz de facer un gol. Os locais buscaron o gol na primeira metade, pero a ocasión máis clara que tiveron foi nun erro na saída dos galegos, que puido custar un autogol de Carmona cando non se entendeu con Marqueta. O pau e Zalaya evitárono. Xusto antes, o Ouense C. F. avisou á contra, nun pase da morte de Jerín que Carbonell non foi quen de mandar á rede.

Na segunda metade quedou clara a diferenza de pegada dos dous equipos. Aos nove minutos, unha recuperación de Zalaya no centro do campo converteuna o central nunha asistencia espectacular para Carbonell, que caneou o porteiro e marcou o cero a un desde a banda esquerda.

Co marcador a favor, os ourensáns tiraron proveito dos nervios dun rival que se afunde na táboa. E, catro minutos despois, un mal despexe de Héctor Oliva bateu nas costas de Ángel Sánchez, que marchou do porteiro e pechou o 0-2 definitivo.

Aínda faltaba máis de media hora de partido, pero o cadro local seguiu sen atinar. Unha cabezada á saída dun córner que sacou Marqueta e outra a boca de xerro no tempo engadido, que detivo o porteiro sobre a liña, botáronlle o pano a un partido que deixa o Ourense C. F. con 33 puntos na clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade