Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco agradece as mensaxes recibidas despois da súa operación

O papa Francisco agradece as mensaxes recibidas despois da súa operación

Os últimos partes médicos aseguran que o seu cadro clínico vai en "melloría" e o posoperatorio é "normal"

G24.gal 09/06/2023 19:32 Última actualización 09/06/2023 19:49

O papa Francisco agradeceu este venres "de corazón" desde o hospital Gemelli de Roma as oracións e mensaxes de afecto que recibiu despois da operación á que se someteu o pasado mércores por unha hernia abdominal.

"Agradezo de corazón as oracións e as moitas mensaxes de proximidade e afecto que chegaron nestes días. Rezo por todos, especialmente polos que sofren. Pídolles que sigan rezando por min", escribiu no seu perfil de Twitter.

Francisco, de 86 anos de idade, leva tres días ingresado no hospital romano, onde conta cun apartamento pontificio, por mor dunha hernia abdominal que ameazaba con causarlle unha obstrución intestinal.

Os últimos partes médicos aseguran que o seu cadro clínico vai en "melloría" e o posoperatorio é "normal", xa se levantou da cama para sentar nun sofá e le a prensa.

Polo momento descoñécese cando recibirá o alta pero a Prefectura da Casa Pontificia, que xestiona a súa axenda, cancelou todas as súas audiencias ata o 18 de xuño.

Esta é a terceira vez que Francisco pasa polo Gemelli: en xullo de 2021 foi operado do colon e o pasado marzo tivo que ser ingresado por unha pulmonía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade