O papa pide que cese o fogo en Gaza e rexeita o rearmamento na súa mensaxe de Pascua
"Síntome próximo ao sufrimento dos cristiáns en Palestina e en Israel, así como a todo o pobo israelí e a todo o pobo palestino", escribiu o papa Francisco.
O Pontífice apelou tamén "ás partes belixerantes: que cese o fogo, que se liberen os reféns e préstese axuda á xente, que ten fame e que aspira a un futuro de paz".
O papa Francisco apareceu esta mañá na praza de San Pedro para bendecir a todos os feligreses congregados no Domingo de Pascua.
O Pontífice realizou este domingo un chamamento a todas as partes para que "cese o fogo en Gaza, que se liberen os reféns e se preste axuda á xente", e que se free "a carreira ao rearmamento", na mensaxe da Pascua. O mestre de cerimonias, Diego Ravelli, foi o encargado de ler a mensaxe do papa, debido a que o pontífice se segue recuperando da súa infección respiratoria.
O papa Francisco, que estivo ausente en todos os ritos da Semana Santa ao seguir convalecente tras a súa hospitalización, apareceu no balcón da logia central da fachada da basílica de San Pedro para a bendición Urbi et orbi, pero debido aos seus problemas respiratorios delegou a lectura da mensaxe no que tradicionalmente fai mención dos conflitos e males do mundo.
"Síntome próximo ao sufrimento dos cristiáns en Palestina e en Israel, así como a todo o pobo israelí e a todo o pobo palestino", escribiu Francisco.
"Quixera que volvésemos esperar en que a paz é posible. Que desde o Santo Sepulcro —Iglesia da Resurrección—, onde este ano a Pascua será celebrada o mesmo día polos católicos e os ortodoxos, se irrádie a luz da paz sobre toda Terra Santa e sobre o mundo enteiro", engadiu
O papa Francisco a súa preocupación por "o crecente clima de antisemitismo que se está difundindo por todo o mundo" e tamén por "a comunidade cristiá de Gaza, onde o terrible conflito segue levando morte e destrución, e provocando unha dramática e indigna crise humanitaria".
Apelou tamén "ás partes belixerantes: que cese o fogo, que se liberen os reféns e préstese axuda á xente, que ten fame e que aspira a un futuro de paz".
Noutra pasaxe da súa mensaxe, aínda que sen facer referencia á guerra en Gaza, Francisco criticou os ataques a hospitais e traballadores humanitarios.
"Que nunca se debilite o principio de humanidade como eixo do noso actuar cotián. #Ante a crueldade dos conflitos que afectan a civís desarmados, atacando escolas, hospitais e operadores humanitarios, non podemos permitirnos esquecer que o que está na mira non é un mero obxectivo, senón persoas cunha alma e unha dignidade", afirmou.
Na homilia Pascual tamén instou a rezar "polas comunidades cristiás do Líbano e de Siria, este último país está a afrontar un momento delicado da súa historia, que ansían a estabilidade e a participación no destino das súas respectivas nacións. Exhorto a toda a Igrexa a acompañar con atención e coa oración aos cristiáns do amado Oriente Medio".
Lemrouse tamén de Iemen, "que está a vivir unha das peores crises humanitarias prolongadas” do mundo por mor da guerra, e convido a todos a buscar solucións por medio dun diálogo construtivo".
O papa Francisco tamén alentou a carreira ao desarmamento. "A paz tampouco é posible sen un verdadeiro desarmamento. A esixencia que cada pobo ten de prover á súa propia defensa non pode transformarse nunha carreira xeral ao rearmamento", aseverou
"A luz da Pascua convídanos a derrubar as barreiras que crean división e están cargadas de consecuencias políticas e económicas. Convídanos a facernos cargo os uns dos outros, a acrecentar a solidariedade recíproca, a esforzarnos por favorecer o desenvolvemento integral de cada persoa humana".
Rematu cun "chamamento a cuantos teñen responsabilidades políticas a non ceder á lóxica do medo que illa, senón a usar os recursos dispoñibles para axudar aos necesitados, combater a fame e promover iniciativas que impulsen o desenvolvemento".
"Estas son as 'armas' da paz: as que constrúen o futuro, en lugar de sementar morte", agregou Francisco.
