Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento de Venezuela ameaza con romper "todas as relacións" con España

O Parlamento de Venezuela ameaza con romper "todas as relacións" con España

O presidente da Asemblea Nacional de Venezuela quere romper as relacións comerciais e diplomáticas con España ( Leonardo Fernandez Viloria /  Reuters) O presidente da Asemblea Nacional de Venezuela quere romper as relacións comerciais e diplomáticas con España ( Leonardo Fernandez Viloria / Reuters)
G24.gal 11/09/2024 22:16 Última actualización 12/09/2024 10:02

 O Parlamento de Venezuela, controlado polo chavismo, prepara este mércores unha resolución que espera aprobar posteriormente para instar o Goberno de Nicolás Maduro a romper "todas as relacións" diplomáticas, consulares, económicas e comerciais con España.

A decisión tómase logo de que o Congreso español aprobase recoñecer o opositor Edmundo González Urrutia como presidente electo.

Durante a sesión deste mércores, o presidente da Asemblea Nacional, o oficialista Jorge Rodríguez, pediu á Comisión de Política Exterior unha reunión inmediata para elaborar unha resolución que a plenaria "aprobe de maneira perentoria" para solicitar "ao Goberno da República Bolivariana de Venezuela que rompan de inmediato todas as relacións" co país europeo.

"Que se vaian de aquí todos os representantes da legación do Goberno do reino de España e todos os consulados e todos os cónsules e traemos os nosos de alá, que queden eles cos seus asasinos, cos seus golpistas, cos seus fascistas, cos seus violentos", expresou.

Rodríguez pediu tamén que a resolución estableza que "todas as actividades de índole comercial de empresas españolas sexan cesadas de inmediato", en resposta ao que considerou como "o atropelo máis brutal" de España contra Venezuela "desde os tempos" en que o país caribeño loitou pola súa independencia, en referencia á decisión do Congreso.

"Unha xente que nin sequera escolle o seu presidente comete a barbaridade de pensar que eles poden nomear o presidente de Venezuela. Debería darlles vergoña que, no século XXI, unha persoa por dereitos de sangue é quen designa en España o presidente do Goberno", dixo o xefe da AN.

Ao seu xuízo, o país europeo "veuse convertendo" nun "refuxio de homicidas, fascistas, golpistas" e "violentos", e posteriormente nomeou políticos antichavistas exiliados en España como a Leopoldo López.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade