Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento Europeo estudará se España vulnerou a inmunidade de Clara Ponsatí coa súa detención

O Parlamento Europeo estudará se España vulnerou a inmunidade de Clara Ponsatí coa súa detención

A eurodeputada está citada a declarar o 24 de abril, pero non ten intención de comparecer diante do xuíz Llarena

G24.gal 29/03/2023 19:52 Última actualización 29/03/2023 19:59

Clara Ponsatí chegou ao Parlamento Europeo entre unha nube de cámaras, rodeada, entre outros, dos eurodeputados Carles Puigdemont e Toni Comí, que seguen fuxidos da xustiza. Antes de entrar ao pleno, informou a presidenta da Cámara da súa detención en Barcelona por orde do Tribunal Supremo. 

"É unha detención ilegal, así o manifestei diante do xuíz de Barcelona e así o denunciarei nas instancias que correspondan", di a eurodeputada. 

O Parlamento Europeo anunciou que estudará pola vía ordinaria se España vulnerou a inmunidade da eurodeputada. Algo que para Ponsatí non é suficiente. Ciudadanos e o PP afeáronlle a súa actitude.

Dolors Monserrat, eurodeputada do PP: "Aquí todos sabemos que vostedes son prófugos da xustiza. Xa está ben de tanto teatro secesionista e de manipular a verdade"

Jordi Cañas, de Ciudadanos: "Gustaríame que esta cámara non se utilice para facer un show político".

Ponsatí está citada polo xuíz Llarena para declarar o 24 de abril. Todo apunta a que non vai comparecer.

"Hai un xuíz en Madrid que ten moita gana de falar comigo, pero eu non teño gana ningunha de falar con el. Así que xa veremos que pasa", dixo.

Os plans de Ponsatí pasan por vivir a partir de agora entre Bruxelas e Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade