Publicador de contidos
Publicador de contidos

O paro aumentou no mes de setembro en 19.768 persoas

O paro aumentou no mes de setembro en 19.768 persoas

O número de afiliados á Seguridade Social aumentou en 18.295 persoas, un dato algo inferior ao doutros meses de setembro, que deixou o total de ocupados en 20.724.796

O paro sobe en Galicia en 2.918 persoas

G24.gal 03/10/2023 08:51 Última actualización 03/10/2023 09:35

O número de desempregados aumentou en 19.768 persoas, en liña coa evolución doutros meses de setembro, ata deixar o total de parados en 2.722.468, tal e como revelan os datos do Ministerio de Traballo. É a cifra máis baixa para un mes de setembro dende 2008.

O número de afiliados á Seguridade Social aumentou en 18.295 persoas, un dato algo inferior ao doutros meses de setembro, que deixou o total de ocupados en 20.724.796, segundo os datos proporcionados este martes polo Ministerio de Inclusión e Seguridade Social.

Por sectores, a subida da ocupación concentrouse na educación, con 85.817 novos afiliados co arranque do curso escolar. Os maiores descensos do emprego en setembro déronse en comercio e hostalería, 40.024 e 32.223 menos, respectivamente, polo fin da tempada turística, e en Administración Pública e Defensa, con 39.503 menos.

O paro sobe en Galicia en 2.918 persoas

En Galicia tamén subiu o paro, e máis ca a media estatal. Aquí incrementouse en 2.918 persoas. É unha suba do 2,2 %, que deixa o total de parados en 130.643.

O número de afiliados á Seguridade Social caeu en 6.799 persoas en setembro en Galicia, un 0,63 % menos que o mes anterior, e deixou o total de ocupados en 1.071.112, segundo os datos proporcionados este martes polo Ministerio de Inclusión e Seguridade Social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade