Publicador de contidos
Publicador de contidos

O partido de centrodereita GERB gaña as sétimas eleccións de Bulgaria, pero terao difícil para formar goberno

O partido de centrodereita GERB gaña as sétimas eleccións de Bulgaria, pero terao difícil para formar goberno

O partido do exprimeiro ministro Boiko Borisov fíxose cun 26 % dos votos, informou este luns a Comisión Central Electoral

G24.gal 28/10/2024 08:16

Os primeiros resultados parciais das eleccións xerais do domingo en Bulgaria, as sétimas desde 2021, confirman a vitoria do partido conservador populista GERB, que, con todo, terao novamente moi difícil para formar unha coalición de goberno.

Tras o escrutinio do 82 % dos votos, o partido do exprimeiro ministro Boiko Borisov fíxose cun 26 % dos votos, informou este luns a Comisión Central Electoral.

Ségueo a coalición reformista e europeísta PP-BD, con 14,7 %, e o partido ultranacionalista e prorruso Resurrección, co 13,8 %. En total, entraron no Parlamento, de 240 escanos, nove formacións, ao superaren outros cinco partidos o limiar do 4 % necesario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade