O paso de Aline: as primeiras neves en Granada e o día máis chuvioso do século en Madrid
O paso de Aline: as primeiras neves en Granada e o día máis chuvioso do século en Madrid
Aviso laranxa no litoral cantábrico o sábado e amarelo en Almería, Tarragona e nas illas Baleares
Con aviso vermello este venres e laranxa a partir das dez desta noite, os refachos de vento chegaron a superar os cen km por hora no litoral de Euskadi, Cantabria e Asturias, con ondas de ata nove metros e moita chuvia. Co que as frotas pesqueiras amarraron.
Xixón sufriu o vento con desprendementos de fachadas e árbores caídas mentres en Luarca, un desprendemento de rochas esmagaron un coche aparcado, sen ocupantes, e obrigaron a cortar a estrada.
En diferentes puntos de Madrid andan arranxando os problemas de pasaren este xoves o día máis chuvioso do século. Os máis dun cento de litros por metro cadrado anegaron baixos, tupiron sumidoiros, derrubaron árbores e enlamaron estradas, ademais de encher regatos secos que causaron desprendementos con perigo para as vivendas.
Serra Nevada, en Granada, comeza a fin de semana coas primeiras neves da temporada tras meses sen precipitacións. No resto de Andalucía o vento causou con numerosas incidencias como as árbores vencidas en Sevilla e un aviso laranxa, que pasa a amarelo nas próximas horas, na costa de Almería.
Aviso amarelo que se repite nas illas Baleares, onde o vento foi tamén un problema para o transporte marítimo.
Porén, segundo datos de AEMET, o que vai de outubro acumula un déficit de chuvia do 66 % respecto ao habitual do mes.