Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pequeno comercio encara a recta final da campaña de Nadal

O pequeno comercio encara a recta final da campaña de Nadal

Son xornadas de intenso traballo para as tendas de proximidade nas vilas de todo o país

Félix Aragunde 04/01/2024 09:22

O pequeno comercio encara, nestes días previos a Reis, a recta final da campaña de Nadal, unha das máis intensas do ano tocante á actividade. Son xornadas en que se adquiren os agasallos que quedaron pendentes para o último momento.

"Ultimamente os Reis esperan moito a última hora. Aquí en Vilalba sobre todo, que celebramos moito esta festa. Esperan para ver que tal se portan os pícaros", di Pili Seijo, dependenta dunha xoguetería.

"En Reis é máis alta a temporada. De feito, notamos que houbo bastante acollida o 24 e o 31 xa se calmou", conta Mari Carmen Barrientos, quen traballa nunha droguería.

Segundo sinalan os propios clientes, o comercio de proximidade suple, tanto nas vilas coma nos centros das cidades, as carencias que amosan as tendas en liña ou as grandes superficies comerciais. Todo está máis preto e resulta máis doado realizar cambios ou devolucións.

"Non é necesario recorrer e grandes superficies ou ás compras por Internet para poder mercar calquera produto. Por sorte, en Vilalba o comercio é moi completo", asegura María Xosé Fernández Pardo, responsable de Comercio de Vilalba.

Cando aínda non rematou a campaña de Nadal, no comercio local prepáranse xa para unhas rebaixas inminentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade