O PKK atribúese o atentado suicida de Ankara
O PKK atribúese o atentado suicida de Ankara
Segundo se viu nas cámaras de seguridade, os dous individuos saíron dun coche armados
O PKK asegurou que planificara o atentado para coincidir co reinicio da actividade parlamentaria
O Partido dos Traballadores do Kurdistán, o PKK, atribuíuse o atentado deste domingo en Ankara que custou a vida aos dous atacantes suicidas e deixou feridos dous policías. Segundo se viu nas cámaras de seguridade, os dous individuos saíron dun coche armados. Un deles correu cara ao edificio do Ministerio de Interior turco e pouco despois producíase unha explosión. O outro atacante faleceu no enfrontamento coa policía.
O PKK asegurou que planificara o atentado para coincidir co reinicio da actividade parlamentaria e en protesta contra a tortura nos cárceres turcos.