Cargando resultados...
O pobo ucraíno, premio Sakharov á liberdade de conciencia
O pobo ucraíno, premio Sakharov á liberdade de conciencia
É o máximo recoñecemento do Parlamento Europeo aos dereitos humanos
Zelenski agradece os esforzos por crear un tribunal internacional para Ucraína
Antón Montero
14/12/2022 20:34
Última actualización 14/12/2022 20:51
O pobo de Ucraína recibiu este mércores o premio Sakharov que concede o parlamento europeo. É o máximo galardón que outorga a institución no ámbito dos dereitos humanos.
O alcalde de Melitopol, representantes dos servizos de emerxencias e de oenegués de liberdades civís recibiron o recoñecemento de mans da presidenta da Eurocámara.
O presidente ucraíno Volodimir Zelenski interveu no acto para agradecer os esforzos do europarlamento a fin de establecer un tribunal internacional que investigue os crimes de guerra no seu país.