O poderío ofensivo do Barcelona asusta
O poderío ofensivo do Barcelona asusta
Vitoria por 6-0 na presentación diante do seu público co primeiro gol de Lewandowski
O poderío ofensivo do Barcelona asusta. Derrotou o Pumas mexicano por 6-0 co primeiro tanto como barcelonista de Lewandowski. O polaco anotou nada máis comezar o partido no que foi unha festa para o público.
Aos vinte minutos o resultado era de 4-0 con dobrete de Pedri e gol de Dembelé. Diante estaba o equipo no que xoga Dani Alves. Para el houbo unha homenaxe polos servizos prestados ao que foi o seu club ata a temporada pasada.
No segundo tempo marcarou Aubameyang e De Jong nun Barça que demostrou poder facer dous equipos dun gran nivel. Haberá que ver os movementos da vindeira semana, os que marchan, os que veñen e os que pode inscribir na liga para xogar a primeira xornada do campionato.