Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Poio vence no derbi pontevedrés

O Poio vence no derbi pontevedrés

As visitantes mostráronse moi superiores as súas rivais

G24.gal 16/12/2023 19:10

Marin e Poio enfrontábanse nun derbi na élite do fútbol sala feminino. O partido axiña se desequilibrou xa que as visitantes impuxeron a súa forza desde o comezo. Martita, cunha boa traingulación, e Saki, tras un roubo en campo contrario, fixeron os dous primeiros antes do descanso

Tras o tempo de lecer, o partido non cambiou. O Poio continuou coa súa superioridade e aumentou a vantaxe. Rocio Gómez fixo un dobrete. O primeiro é un golazo. Sombrerito a gardameta e volea para facer o 0-3. Irene acabou facendo o 0-5 definitivo.

O Marín continua en postos de descenso con este resultado. O Poio, pola contra, está comodamente na metade de táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos