O Burela gaña o primeiro asalto diante do Poio (4-0)
O Burela gaña o primeiro asalto diante do Poio (4-0)
Na ida das semifinais da liga as burelás levaron o primeiro partido cunha tripla de Emilly
O Burela Pescados Rubén gañou o primeiro asalto da semifinal da liga feminina de fútbol sala diante do Poio Pescamar (4-0). Un resultado amplo nun partido axustado que non se decidiu ata os últimos dous minutos.
O inicio de Burela foi demoledor. Aos dous minutos a murciana Patricia Ortega marcaba o primeiro tanto e antes do minuto 10 Emilly Marcondes anotaba o segundo logo dunha xogada a balón parado.
O Poio Pescamar tentouno de todos os xeitos pero non conseguiu superar a defensa local. Arriscou nos últimos intres de partido con porteira xogadora, circunstancia que aproveitou Burela para sentenciar cunha recuperación e gol de Emilly. A brasileira foi a protagonista do partido ao marcar o definitivo 4-0 noutra bola parada.
O segundo partido da eliminatoria será o vindeiro sábado (17:00) en Poio e verémolo pola segunda canle da Televisión de Galicia e por agalega.gal.