Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Polvorín rescata un punto ante o Palencia (1-1) cun home menos

O Polvorín rescata un punto ante o Palencia (1-1) cun home menos

Julen foi expulsado no minuto 15

Os de Trashorras foron quen de empatar no 89 por medio de Xabi 

G24.gal 28/01/2023 19:46

O Polvorín e o Palencia empataron no Anxo Carro un partido condicionado pola expulsión de Julen. O partido lugués cometeu un erro na saída do balón aos 15 minutos e viu o cartón vermello ao impedir o gol visitante. 

Porén, a superioridade numérica non foi aproveitada polo Palencia, segundo equipo menos goleado da categoría e que constrúe o seu xogo a partir da defensa. Os de Chuchi non foron quen de impoñer o seu xogo ata a segunda metade coa entrada de Rafa.

O primeiro gol do partido chegou no minuto 57 nunha boa combinación con centro de Montes desde a dereita e remate de Ale lonxe do alcance de Brais. 

Trashorras acabou con Edu Taboada e Cristian de dianteiros e o partido toleou. No minuto 89 un bo centro de Álex Ramos era aproveitado por Xabi no segundo pau para facer o empate a un definitivo. 

O Polvorín queda con 15 puntos pero segue penúltimo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos