Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Polvorín desátase diante do Oviedo Vetusta (4-0)

O Polvorín desátase diante do Oviedo Vetusta (4-0)

O 4-0 do Anxo Carro axuda ao Compostela na súa loita por entrar no play off

Foto: @CDLugo_FB
G24.gal 16/04/2023 16:47

Tivo que ser coa permanencia máis lonxe que nunca cando o Polvorín de Roberto Trashorras deu a súa mellor versión. Foi nun partido en que non lle deu opcións a todo un candidato ao play off de ascenso como o Oviedo Vetusta, que se viu totalmente desbordado no Anxo Carro.

A primeira metade tivo un protagonista absoluto. Idrissa anotou os dous goles do intervalo, cunha cabezada á saída dun córner e cunha gran definición dentro da área.

Ne segunda metade chegaron os outros goles, para os que houbo que agardar ao treito final. A cinco minutos da conclusión, Leandro Antonetti establecía o tres a cero. E xa sobre a bucina, unha xogada de Idrissa, que petaba nun defensor, completaba a festa albivermella. O Polvorín agarda a confirmación do descenso matemático, pero puido festexar unha goleada diante da súa afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos