Cargando resultados...
O Polvorín perde nun partido trepidante en Valladolid (5-4)
O Polvorín perde nun partido trepidante en Valladolid (5-4)
Foto: @RVcantera
G24.gal
04/02/2023 22:04
O Polvorín visitaba o Valladolid Promesas e nun encontro espectacular perdeu por cinco a catro.
Foi chave a recta final do primeiro tempo, na que os locais lograron tres goles en catro minutos para situar no marcador un catro a un que parecía sentenciar o partido. Pero o Polvorín nunca se rendeu, e chegou a situarse cun catro a tres logo dos tantos de Cristian e de Idrissa con media hora de encontro por diante.
Kike Ríos marcaba o cinco a tres e Jorge González o cinco a catro definitivo, no minuto 88, sen tempo para intentar lograr cando menos un empate. O Polvorín vai seguir de penúltimo con só quince puntos, e o Valladolid Promesas consolida a súa praza nos postos de play off.