Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Polvorín vence á Ximnástica de Torrelavega na Cheda (2-0)

O Polvorín vence á Ximnástica de Torrelavega na Cheda (2-0)

Os de Trashorras rencóntranse co triunfo seis xornadas despois

Os goles foron de dúas incorporacións invernais: Edu Taboada e Cristian

G24.gal 08/01/2023 15:04

O Polvorín colleu aire na Cheda, onde se estreaba esta temporada como local, e fíxoo cun triunfo por dous a cero ante a Ximnástica de Torrelavega que lle permite achegarse aos postos de salvación na Segunda Federación.

Os de Trashorras resistiron os primeiros ataques do equipo cántabro e adiantáronse nunha acción de xogo directo, logo dun desprazamento longo de Julen. Edu Taboaba aproveitaba o servizo de Álex Ramos e abría o marcador.

A segunda metade comezou cun par de boas accións ao contraataque do Polvorín e cunha boa parada de Julen ao saque dunha falta. Despois chegou a expulsión de Chamorro nunha acción no centro do campo que protestaron moito os visitantes.

O Polvorín aproveitou a superioridade e acabou sentenciando o choque noutra contra, aos 88 minutos. A conducción espectacular foi de Iago Novo, e a definición de Cristian, outro xogador que acaba de chegar a Lugo.

No treito final tamén foi expulsado o técnico visitante Sergio Fernández. A vitoria deixa o Polvorín con 14 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos