Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra agardará polo premio gordo no bombo da Copa do Rei

O Pontevedra agardará polo premio gordo no bombo da Copa do Rei

Haberá catro equipos galegos -Celta, Rácing, Ourense e Pontevedra- na terceira rolda copeira que se sorteará o vindeiro luns

G24.gal 05/12/2024 23:12

Rematada a segunda rolda da Copa do Rei hai un triunfador absoluto entre os equipos galegos. Non é outro que o Pontevedra, un dos catro equipos da Segunda Federación que superaron a eliminatoria. O equipo da Cidade do Lérez ten garantido un rival dos que vai xogar a Supercopa e hai dous premios moi gordos. O Pontevedra enfrontarase a Real Madrid, Barcelona, Mallorca ou Athlétic. 

O Ourense C. F. quedou sen opcións de medirse a un deses equipos pero ten garantido un rival dos outros doce de Primeira que quedan en competición. Na mesma situación está o Rácing de Ferrol. Non poderá ser dos catro da Supercopa pero sí calquera dos outros entre os que están o Celta, o Atlético de Madrid, o Valencia, a Real Sociedade, o Betis ou o Sevilla, todos eles moi apetecibles para vivir unha gran noite de fútbol no campo do Couto ou no da Malata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos